A asociación de redeiras do Baixo Miño Atalaia creouse en 2005.

Traballabamos na nosa casa e os camións deixaban as redes nun punto do pobo e logo nós levabámolas en carros ou furgonetas e repartiámolas entre as socias, sempre tentando que todas tivesen o mesmo traballo.

Mentres tanto, a directiva loitaba para que nos construísen unha nave e poder traballar todas xuntas, así a cantidade de traballo seria máis grande. Isto conseguímolo posteriormente.

As nosas artes

Toda clase de redes de bajura

Coñeza o noso oficio

Visitas

Propoñemos ao público coñecer o traballo, oficio, cultura e tradición das redeiras.

Non dubides en contactarnos para informar das datas, horarios e tarifas das visitas.

Obradoiros

Realizamos obradoiros para que tanto escolares como o gran público podan descubrir e aprender as nosas artes.

Creacións artesas

Levamos varios anos realizando creacións artesáns, porque nos gusta e porque é un proxecto que nos da un valor añadido tanto moral como profesional.

Creamos colares, bolsos, fulares, bufandas, broches, pulseiras, aneis, chaveiros, pendentes etc.

Podes ver as nosas creacións directamente na nave de redeiras, onde temos unha tenda que podes visitar cando queiras.