info@redeirasdegalicia.org

imaxes

Obxectivos
Os obxectivos principais do programa “Entreredeiras III” son os seguintes:

Obxectivos Liña 1:

Manter as estructuras organizativas.
Maior acercamento entre as socias e contacto directo cos seus problemas e inquedanzas e así dar resposta as mesmas para seguir todas polo mesmo camiño e alcanzar os obxectivos do colectivo.
Mellorar as condicións e competencias laborais deste colectivo de mulleres no sector pesqueiro galego.
Mellorar os seus coñecementos e manexo coas novas tecnoloxías.
Buscar medidas encamiñadas ao fomento e o desenvolvemento do sector.
Orientalas para conseguir un sector profesionalizado.
Dignificar a actividade da muller no sector Pesqueiro.

Obxectivos Liña 2:

Actualizar a páxina web da federación de redeiras. web máis útil, dinámica, con información actualizada e xestionable pola entidade.
Adquirir un ordenador Portatil para realizar tanto as xestóns da páxina como as da propia entidade.
Adquirir un Escaner-impresora. para poder imprimir documentación propia da entidade e escanear outras para poder enviar ás asociacións, administración, directiva, etc...

Accións do proxecto

ASESORAMENTO PORTO POR PORTO:
1.Recoller as necesidades e inquedanzas das redeiras dos distintos portos ao respecto da actividade de reparación e armado de redes e aparellos de pesca: Realizáronse visitas ás distintas asociacións: Asociación de Redeiras Cabo Burela, Asociación de Redeiras de Cedeira, Asociación de Redeiras de Lorbé, Asociación de Redeiras “O Fieital” de Malpica, Asociación de Redeiras Illa da Estrela de Corme, Asociación de Redeiras “Maruxía” de Cambados, Asociación de Redeiras de Cangas “O Cerco”, Asociación de Redeiras do Baixo Miño “Atalaia”, Asociación Beiramar de Portonovo.
2.Ofrecer información precisa de distintas accións e convocatorias que puideran ser do seu interese e ás que poder presentar unha proposta
3.Presentación de propostas de mellora a través de formación e programas específicos.
5 asociacións de redeiras participaron nas propostas de diversificación:
-Asociacións de Malpica, Corme, e Burela: divulgación do oficio de redeiras a través de obradoiros para escolares e persoas interesadas e promoción de artigos de artesanía.
-Asociación de Portonovo e A Guarda: divulgación do traballo das redeiras a través da promoción de artigos de artesanía na súa tenda- exposición e celebración dunhas xornadas sobre a Diversificación do traballo das redeiras.
4. Trasladar información, inquedanzas, obrigas e demais da asociación á federación e da federación ás asociacións.
5.Entrevistas cas distintas administracións. Durante o proxecto Entreredeiras realizaronse diversas entrevistas ou xuntazas con representantes da administración pública para poder levar adiante distintas iniciativas para as redeiras e transmitirlle os seus problemas e necesidades.
6. Axudarlle en aspectos burocráticos da asociación, (cubrir axudas, solicitudes e demias papeleo administrativo da propia asociación).
7. Mantelas informadas das distintas actividades que realiza a federación.

XUNTANZA DO PROGRAMA ENTREREDEIRAS
1. Intercambiar experiencias con redeiras de distintos portos de Galicia.
2. Provocar o debate á reflexión sobre o futuro das Redeiras.
3. Fomentar a colaboración entre as asociacións. Promover proxectos en conxunto. Dar a coñecer experiencias de diversificación da profesión por parte dalgunhas asociacións e posibilidades de implementalas noutras.
4. Análise dos resultados do proxecto.