Proxecto de Cooperación das Redeiras “ENREDADAS: CULTURA E OFICIO DAS REDEIRAS” (2012)

Título do proxecto:PROXECTO DE COOPERACIÓN DAS REDEIRAS “ENREDADAS: CULTURA E OFICIO DAS REDEIRAS”

Anos: 2012

Obxectivos:

  • Dar a coñecer entre a poboación escolar, turistas e poboación en xeral os oficios do mar das localidades de Malpica, Corme, Burela e a Guarda, e a importancia que teñen para o desenvolvemento económico destas zonas.
  • Desenvolvemento de obradoiros divulgativos dirixidos ás novas xeracións, que dean a coñecer a profesión das redeiras e a importancia que a súa actividade ten para as xentes do mar.
  • Realización de artigos de artesanía con material empregado na profesión e con deseños que caracterizan ao sector

 Organismos: Grupos de Acción costeira. Consellería do Medio Rural e do Mar, Consellería de economía e industria, Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Cofinanciado polo eixo 4 do fondo europeo de pesca 2007-2013.

Participan: Grupos de Acción costeira: gac 1: a mariña – ortegal, gac 3: costa da morte; gac 7: ría de vigo- a guarda, Asociación de redeiras “O Fieital”, Asociación de Redeiras “Illa da Estrela, Asociación de Redeiras “Cabo Burela”, Asociación de Redeiras “Atalaia” e a Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao”.

Resultados alcanzados:

  • As redeiras das distintas asocaicións, foron formadas coas ferramentas necesarias para complementar a súa actividade con outras relacionadas co sector pesca mar.
  • Arredor de 10 produtos (bolsos, pendientes, collares, pulsera, tocados, broches, chals, bragas, bufandas…) poden realizar para diversificar a súa actividade.
  • 4 asociación de redeiras diversifican a súa actividade con coa realización de produtos artesás e obradoiros divulgativos.
  • Escolares coñeceron o traballo realizado polas redeiras e aprenderon a valoralo despois de asistir aos obradoiros impartidos por elas mesmas.
  • Organización de Visitas polas asociación para coñecer o traballo das redeiras.
  • Realización dunha xornada sobre o traballo das redeiras.
  • Instalación de expositores na nave de redeiras cos distintos produtos que manufacturan elas mesmas.
  • Creación dunha enlace na páxina web da federación coas actividades das asociacións.

Traductor de Google

email

No se han encontrado comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

 

“Recoñecemento as Mulleres comprometidas con Galicia 2018, Premio 8 de marzo, 2ª edición “