Proxecto “ACOMPÁÑANOS” (2014)

Título do proxecto:ACOMPÁÑANOS” (Mesas de traballo)

Anos: 2012 – 2013 – 2014

Obxectivos:

  • Afianzar as organización, manter relacións entre as mesmas para buscar obxectivos e metas comúns e avanzar na súa profesión.
  • Loitar conxuntamente polos seus intereses, buscar melloras que axuden ao crecemento economico e o benestar das redeiras. Melloras necesarias, por outra parte, para que faga “máis atractivo” o oficio para que nova xeración poida seguir con este oficio artesanal de gran tradición en Galicia.

Organismos: Deputación de A Coruña

Participan: Participaron nas mesas a Federación Galega de Redeiras “O Peirao” . As mesas realizaronse en O Grove, Cariño e Porto do Son.

Resultados alcanzados:

  • Coñecer e manter relación con persoas do mesmo sector, no Grove, Cariño e Porto do Son.
  • Actualizar o sector, posto que a non estar federadas, non lle chega toda a información necesaria acerca de proxectos, axudas, dereitos, normativas…etc do sector.
  • Coñecer a realidade de outros portos, nivel de traballo, intrusismo, relevo xeracional, …
  • Poder difundir o traballo que realiza a Federación de Redeiras.
  • Destacar que, dos 3 portos que visitamos 1 deles, Cariño, xa nos notificou a súa entrada na Federación para o novo ano, Porto do Son a finais de ano realizará unha asamblea con todas as socias para propoñerlle a entrada na Federación e O Grove van comezar a realizar un curso de redeiras para formarse e poder traballar nesta profesión. Tendo en conta que eran obxectivos do programa foi moi grata a sorpresa destas noticias.
  • Os 3 portos quedaron moi agradecidos pola organización da mesa, posto que lle resultaron moi interesantes os temas tratados.

Traductor de Google

email

No se han encontrado comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

 

“Recoñecemento as Mulleres comprometidas con Galicia 2018, Premio 8 de marzo, 2ª edición “