Proxecto “ESTUDIO DE VIABILIDADE PARA A “DIVERSIFICACION PROFESIONAL E ECONÓMICA DAS REDEIRAS GALEGAS” (2010-2011)

Título do proxecto:ESTUDIO  DE VIABILIDADE PARA A “DIVERSIFICACION PROFESIONAL E ECONÓMICA DAS REDEIRAS GALEGAS”

Anos: 2010 – 2011

Obxectivos:

  • Dignificar o traballo das profesionais do sector de reparación e armado de redes e aparellos en Galicia, así como realizar un estudo de viabilidade para a diversificación da actividade das redeiras, co fin de promover a dinamización e revitalización socioeconómica do sector das redes e das comunidades pesqueiras, a promoción e recoñecemento social da profesión de redeiras, o desenvolvemento de actividades turísticas vencelladas ao mar e o fomento da protección e mellora do medio ambiente.
  • Realizar una Exposición “As Redes o Noso Traballo”, exposición en Santiago de Compostela da actividade das redeiras.

Organismos financiadores: Consellería do Mar

Participan: A Federación galega de redeiras e as súas asociacións (Burela, Malpica, Corme, A Guarda, Cambados, Cangas, Cedeira e Lorbé).

Resultados alcanzados:

  • Estudio  de viabilidade para a “Diversificacion profesional e económica das redeiras galegas” para cada asociación de redeiras.
  • Deseño dunha exposición itinerante que percorrerá as vilas e cidades do litoral para dar a coñecer e promocionar o traballo das redeiras, así como amosar esta actividade como unha posible saída laboral.

<<<  de volta aos Proxectos


Buscar

Traductor GOOGLE

REDEIRAS DE GALICIA E A CONSELLERÍA DO MAR COLABORAN PARA AMOSAR A PROFESIÓN DE REDEIRA A TRAVÉS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Redeiras nas redes divulgará nas redes sociais a través de catro vídeos titoriais as técnicas elementais de enmalle de artes menores, cerco, arrastre e palangre (Malpica de Bergantiños, 31 de xullo de 2018)