Proxecto “COIDARSE EN REDE” (2010)

Título do proxecto:COIDARSE EN REDE

Anos: 2010

Obxectivos:

  • Fomentar medidas preventivas de riscos laborais na actividade profesional das redeiras galegas.
  • Mellorar as condicións de traballo e laborais das súas traballadoras e traballadores.

Organismos financiadores ou participantes: Dirección Xeral de Relacións Laborais

Participan: Participaron nas mesas a Federación Galega de Redeiras “O Peirao” . As mesas realizaronse en O Grove, Cariño e Porto do Son.

Resultados alcanzados:

(Seminario COIDARSE EN REDE)

  • Coñecemento da lei en materia de seguridade e saúde laboral.
  • Análise das boas prácticas para a prevención/minimización do impacto dos trastornos músculo-esqueléticos asociados á actividade profesional.
  • Coñecemento dos equipos de protección individual para evitar sobreesforzos.
  • Valoración da prevención entre as redeiras galegas.

<<<  de volta aos Proxectos


Buscar

Traductor GOOGLE

A FEDERACIÓN GALEGA DE REDEIRAS AFRONTA UNHA SEMANA DE TRABALLO, CONVIVENCIA E CELEBRACIÓN

A entidade recibirá o vindeiro venres a Medalla de Castelao do Goberno galego

Malpica de Bergantiños, 25 de xuño de 2019.– A Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao inicia unha semana colmada de recoñecementos e actos públicos. Así, o vindeiro venres, a súa directiva acompañada por máis de trinta redeiras de toda Galicia asistirán ao acto de entrega da Medalla Castelao que lle foi outorgada nesta edición a este colectivo.

Ao día seguinte, o 29 de xuño, festividade de San Pedro, co gallo da celebración do patrón da pesca artesanal e do traballo artesanal do mundo do mar, tamén das redeiras, a entidade realizará unha andaina a Compostela percorrendo o último treito do Camiño Francés desde Monte do Gozo, seguida dunha convivencia na que participarán redeiras de varias Comunidades Autónomas.

[…]

 >>> Descargar Nota de Prensa