Proxecto “AVALIACIÓN BIOMECÁNICA DE TRASTORNOS MÚSCULO-ESQUELÉTICOS NO TRABALLO DAS REDEIRAS ARTESÁS” (2012-2103)

Título do proxecto:AVALIACIÓN BIOMECÁNICA DE TRASTORNOS MÚSCULO-ESQUELÉTICOS NO TRABALLO DAS REDEIRAS ARTESÁS”

Anos: 2012 [Estudio nas artes de Palangre e Artes menores], 2013 [Estudo en Cerco e artes menores que faltaban no estudio anterior]

Obxectivos:

  • Analizar con rigor científico e sanitario os riscos de lesión a curto-medio-longo prazo en cada rexión corporal(pescozo, ombro, cóbado, pulso e lumbar) e para cada actividade profesional; e correlacionar as actividades profesionais das redeiras cas enfermemidades e patoloxías que sofren para poder presentar calquera redeira antes unha enfermidade relacionada.

 Organismos: Consellería de Traballo e Benestar. Dirección Xeral de Relacións Laborais

ParticipanFederación galega de redeiras e as súas asociacións: Burela, Malpica, Corme, A Guarda, Cambados, Cangas, Cedeira e Lorbé) e UMANA – Centro Sanitario de Investigación Biomecánica Aplicada.

Resultados alcanzados:

  • Realización dun informe técnico‐sanitario que recolle os resultados obtidos do estudo biomecánico das tarefas laborais das redeiras artesáns que permitíu:
    • Esclarecer cal é a relación existente entre as actividades laborais que desempeñan as mulleres neste sector, e as lesión músculo‐esqueléticas que padecen. O estudo realizado analiza a esixencia física das tarefas diarias das redeiras, determina o índice de risco de lesión ao que se expoñen, e certifica e/ou descarta a relación existente entre cada tarefa e os TME prevalentes en cada rexión corporal.
    • Detectar os factores de risco que están a provocar os mencionados TME, co fin de que poidan ser corrixidos ou a lo menos atenuados, no futuro.

<<<  de volta aos Proxectos


Buscar

Traductor GOOGLE

A FEDERACIÓN GALEGA DE REDEIRAS AFRONTA UNHA SEMANA DE TRABALLO, CONVIVENCIA E CELEBRACIÓN

A entidade recibirá o vindeiro venres a Medalla de Castelao do Goberno galego

Malpica de Bergantiños, 25 de xuño de 2019.– A Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao inicia unha semana colmada de recoñecementos e actos públicos. Así, o vindeiro venres, a súa directiva acompañada por máis de trinta redeiras de toda Galicia asistirán ao acto de entrega da Medalla Castelao que lle foi outorgada nesta edición a este colectivo.

Ao día seguinte, o 29 de xuño, festividade de San Pedro, co gallo da celebración do patrón da pesca artesanal e do traballo artesanal do mundo do mar, tamén das redeiras, a entidade realizará unha andaina a Compostela percorrendo o último treito do Camiño Francés desde Monte do Gozo, seguida dunha convivencia na que participarán redeiras de varias Comunidades Autónomas.

[…]

 >>> Descargar Nota de Prensa