Proxecto «ECO-REDES II” (Anos: 2013-2014)

Título do proxecto:ECO-REDES II»

Anos: 2013-2014

Obxectivos:

  • Aproveitamento dos materiais cos que están elaborados os aparellos e artes en desuso ou descartados de pesca para xerar negocio e emprego verde.
  • Boas prácticas de Xestión dos recursos e desenvolvemento sostible
  • Consumo eficiente

 Organismos: empleaverde da Fundación Biodiversidad. Ministerio de Medio Ambiente.

Participan: A Federación Galega de Redeiras “O Peirao” e a Asociación de Rederas de Bajura de Asturias AREBA.

Resultados alcanzados:

  • Existe un volumne moi alto de redes descartadas e en desuso que a súa reutilización suporía reducir costes de xestión de residuos e crear postos de traballo verdes nos portos.
  • Coordinar a recollida selectiva en todos os portos para un aproveitamento coordinado dos diferentes materiaies é unha línea de negocio, ademais de un respiro para o medio ambiente.
  • A Federación Galega de Redeiras “O Peirao” e a Asociación de Rederas de Bajura de Asturias AREBA están firmemente comprometidas co potencial do proxecto ECO REDES II, ambas organizaciones farán todo o posible para lograr os obxectivos que son un beneficio directo para o mar do que viven, pero tamén para a propia economía.
  • pode supoñer unha reducción importante no número destos equipos de pesca que anualmente quedan abandoados no mar e polo tanto no impacto que causan nos recursos pesqueiros e a base do seu sostento.

<<<  de volta aos Proxectos


Buscar

Traductor GOOGLE

A FEDERACIÓN GALEGA DE REDEIRAS AFRONTA UNHA SEMANA DE TRABALLO, CONVIVENCIA E CELEBRACIÓN

A entidade recibirá o vindeiro venres a Medalla de Castelao do Goberno galego

Malpica de Bergantiños, 25 de xuño de 2019.– A Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao inicia unha semana colmada de recoñecementos e actos públicos. Así, o vindeiro venres, a súa directiva acompañada por máis de trinta redeiras de toda Galicia asistirán ao acto de entrega da Medalla Castelao que lle foi outorgada nesta edición a este colectivo.

Ao día seguinte, o 29 de xuño, festividade de San Pedro, co gallo da celebración do patrón da pesca artesanal e do traballo artesanal do mundo do mar, tamén das redeiras, a entidade realizará unha andaina a Compostela percorrendo o último treito do Camiño Francés desde Monte do Gozo, seguida dunha convivencia na que participarán redeiras de varias Comunidades Autónomas.

[…]

 >>> Descargar Nota de Prensa