Notas de Prensa

25 PERSOAS COMEZAN EN CARIÑO A SÚA FORMACIÓN COMO REDEIRAS

O curso está promovido pola Federación Galega de Redeiras Artesá  e financiado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar

Malpica de Bergantiños, 12 de outubro de 2017.- Un total de 25 persoas, maioritariamente mulleres, comezarán este venres, 13 de outubro, o curso de formación como redeiras que se desenvolverá en Cariño ata o 5 de decembro deste ano. A actividade está promovida pola Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao e financiada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar.

O curso consta de 300 horas e habilitará aos participantes para presentarse ao exame de cara a optar á cualificación profesional que os acreditará como redeira, esencial  para poder exercer esta ocupación e para darse de alta no ISM.

O curso estrutúrase en cinco bloques temáticos: introdución xeral e os módulos específicos de cerco, artes menores, palangre e arrastre. Os docentes serán  Laura Vilaboy, Mercedes Martelo, Rosa Isabel Rodríguez, Ángeles Mille e Isaac Fernández.

A Consellería do Mar cedeu a Aula de Desenvolvemento Pesqueiro de Cariño para a realización desta actividade formativa. As sesións docentes desenvolveranse de luns a venres de 10.00 horas a 14.00 horas e de 16.00 horas a 20.00 horas. A data de remate do curso será o 5 de decembro.

 


REDEIRAS DE GALICIA CONVOCA UN CURSO DE CONFECCIÓN DE REDES DE ARTES MENORES PARA FAVORECER A PROFESIONALIZACIÓN DO SECTOR


A actividade formativa está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia

 

Malpica de Bergantiños, 26 de agosto de 2017.- A Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao vén de convocar un curso de confección e mantemento de aparellos de artes menores que se desenvolverá en Malpica de Bergantiños do 11 ao 26 de setembro. Este curso capacitará ás alumnas e alumnos para a obtención do certificado de profesionalidade de redeira, esencial  para poder traballar como profesional.

 

As interesadas e os interesados en formarse neste módulo poden solicitar máis información nos teléfonos 677 075 223 e 691 237 370 ou no correo info@redeirasdegalicia.org.

 

A encargada de impartir esta actividade formativa será a redeira Rosa Isabel Rodríguez Vidal e desenvolverase na caseta da Asociación de Redeiras O Fieital, no Peirao Sur, 48, en Malpica.

 

Este curso de confección e mantemento de aparallos de artes menores está financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e ten entre os seus obxectivos,  avanzar na cualificación profesional das redeiras e na profesionalización do sector, favorecer a inclusión social dun colectivo con baixa formación académica pero ilusionado por activarse no eido laboral, promover o empoderamento das mulleres do sector primario galego e visibilizar o asociacionismo como unha ferramenta para avanzar en igualdade.

 

A reunión de coordinación do curso terá lugar o mércores, 6 de setembro, na caseta do Fieital.

Traductor de Google

email

No se han encontrado comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

 

“Recoñecemento as Mulleres comprometidas con Galicia 2018, Premio 8 de marzo, 2ª edición “