HISTORIA
da Federación
A creación da Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao” tivo lugar en novembro de 2004, pero ata chegar á súa constitución fóronse dando unha serie de pequenos pasos. Primeiramente, a finais do ano 2002, desde a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos empezaron a establecerse contactos coas redeiras das diferentes localidades costeiras galegas. Para iso, a única forma de logralo foi preguntando nas confrarías e á xente da vila, para que se lles informara de onde traballaban as redeiras. Realmente neste primeiro contacto foi necesario que acudiran a pé de porto para localizalas a todas. Todas aquelas que estaban interesadas reuníronse en Santiago en abril de 2003. A raíz deste I Encontro, xurdiu a proposta de crear asociacións de redeiras en cada porto. Ó longo de todo ese ano, vanse creando nas diferentes localidades costeiras unha serie de asociacións. Cada unha delas ten as súas particularidades, por suposto. A primeira das asociacións que se creou foi a Asociación Profesional de Redeiras de Cedeira, o 24 de abril de 2003. Sen embargo, esta asociación xurdiu máis por intereses económicos, como forma de reclamación polo sinistro do Prestige. Só despois dalgúns meses de funcionamento, e tras contactar con persoal da Axencia Galega de Desenvolvemento de Litoral (ADELGA), foi que empezaron a funcionar como tal asociación de profesionais. Polo tanto, en realidade pódese dicir que todas as asociacións creáronse a continuación do I Encontro. A resposta do colectivo é tan positiva que solicítase a celebración do II Encontro de Redeiras, que ten lugar en Santiago de Compostela. Era tal o pulo que se levaba que facíase moi necesario e interesante unha nova oportunidade de xuntarse. Nesta xornada, celebrada o 30 de outubro de 2003, analízanse a consecución dos obxectivos formulados no anterior encontro. Todas as profesionais alí reunidas intercambianse experiencias e planifican xuntas a forma de logralos. Como froito dos continuos contactos, reunións e viaxes conxuntos das diferentes asociacións, nos que se constatou que os intereses eran comúns, comezouse a contemplar a posibilidade de crear unha Federación con todas as asociacións existentes en Galicia. A finais do ano 2004, celébrase xa o III Encontro de Redeiras. Neste punto, xa existen asociacións na práctica totalidade de portos de Galicia onde traballan redeiras. No transcurso deste encontro, todas as asociacións que se constituíron en Galicia expoñen a súa situación actual e, sobre todo, de qué modo cambiou a súa situación laboral desde que funcionan como asociación: conseguíronse novos locais de traballo, accedeuse á formación específica, obtívose información laboral e fiscal, entre outras. |
O obxectivo final deste III Encontro foi a creación da FEDERACIÓN GALEGA DE REDEIRAS ARTESÁS, que quedou constituída o día 30 de setembro de 2004. Ó día seguinte, realízanse as eleccións para a constitución do Consello Rector, formado finalmente por cinco mulleres redeiras de diferentes portos galegos. A partir de entón comeza unha nova etapa no colectivo de redeiras galegas, porque estas cinco mulleres e todas ás que representan loitarán xuntas por lograr os seu principais obxectivos: dignificar a súa profesión e sacar ás profesionais redeiras da situación de case invisibilidade na que atopábanse ata o de agora. |