info@redeirasdegalicia.org

periodicos A Federación INFORMA periodicos

<< Volver a Proxectos

«Proxecto NEXUS-REDE»

O “Proxecto NEXUS-REDE Retos e Desafíos para a adaptabilidade das cooperativas e o fomento da igualdade de oportunidades en sectores estratéxicos da economía galega” enmárcase no PIC-EQUAL ESPAÑA a través do: EIXO III ADAPTABILIDADE do PIC-EQUAL, área temática 4: apoiar a adaptabilidade das empresas e os/as traballadores/as aos cambios económicos e ao uso das tecnoloxías da información e outras novas tecnoloxías.

As entidades que compoñen a agrupación de desenvolvemento de NEXUS-REDE son a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, Universidade de Santiago de Compostela, Federación de Empresas Cooperativas-SINERXIA, Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-UGACOTA e a Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao”.