info@redeirasdegalicia.org

periodicos A Federación INFORMA periodicos

<< Volver a Encontros


«III ENCONTRO DE REDEIRAS»

PRESENTACIÓN

O día 30 de Setembro 2004 tivo lugar o III Encontro de redeiras. Este encontro estivo organizado pola Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta de Galicia ó obxecto de crear a federación de redeiras artesas. Tamen fixeronse valoracións sobre a viaxe a Bretaña e os resultados da mesma.

CONCLUSIÓNS DO ENCONTRO

Coma resultado do encontro marcarónse os obxetivos da federación e novas saídas profesionais.

OBXETIVOS DA FEDERACIÓN

• Actuar como fonte de información para o colectivo e de divulgación para a sociedade.
•Unificar prezos, establecendo prezos mínimos
• Combatir o intrusismo comezando por loitar contra a súa aceptación social, esto é, que se deixe de ver como un feito normal
• Lograr a mentalización do propio colectivo como profesionais e empresarias
• Solucionar o abaratamento dos prezos debido á existencia de intermediarios e economía sumerxida.
• Lograr unha titulación académica reglada e de recoñecemento profesional
• Acabar co fraude do seguro subvencionado (redeiras que non exercen).

NOVAS SAÍDAS PROFESIONAIS
• Ampliar as posibilidades laborais noutros campos que non sexa o do mar, a través de contactos con empresas de todo o ámbito estatal (redes de seguridade, deportivas..).
• Previamente, sería necesario coñecer e analizar as infraestruturas propias para adaptalas ás novas saídas laborais (almacéns,maquinaria, ferramentas, espazo,…)
• Paralelamente, habería que recibir unha formación axeitada para traballar neses campos, cunha reciclaxe continua para adaptarse á demanda.
• todo esto implica unha concienciación da necesidade de traballo en conxunto.
• realizar campañas divulgativas para dar a coñecer a profesión de redeira e as súas posibilidades no mercado.