Asociación de Redeiras de Cedeira


INFORMACIÓN

direccion Camiño Real da Magdalena nº15 15350 Cedeira
(A Coruña)

 

telefono
Tlf. 616 103 979

 


loulomarisa@gmail.com

 

 · Número de socias: 13 ·

ARTES E APARELLOS QUE TRABALLA A ASOCIACIÓN

 

Artes Menores (Volanta,Volantilla, Rascos, Betas...)

OUTRAS ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN

>> Produtos de Artesanía da Asociación: Clic AQUÍ

>> Obradoiros divulgativos para escolares

Obxectivo: Dar a coñecer entre a poboación escolar como se leva a cabo o traballo das redeiras así como as diferentes artes e aparellos que se utilizan na pesca e a súa vinculación co seu traballo.

>> Visitas para turistas e público en xeral

Obxectivo: Dar a coñecer ao público o traballo, oficio, cultura e tradición das redeiras.

A visita comezará explicando o oficio de confección e conservación de artes e aparellos realizado polas redeiras, as ferramentas e útiles que empregan e a importancia que ten a súa actividade para a xente do mar. Nos locais de traballo poderanse ver fotografías e outro material gráfico, obxectos reais na exposición que a asociación ten na súa nave (ferramentas, utensilios) utilizados polas redeiras.

Galería de Imaxes Asociación de Redeiras de Cedeira

 

Traductor de Google

email
Share on Facebook0Email this to someonePrint this page

“A Xunta presenta en Malpica unha guía de boas prácticas en prevención de riscos laborais específica para as redeiras”

Descargar GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS

  • A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, puxo hoxe en valor a publicación elaborada polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) coa que se pretende mellorar a saúde deste sector formado nun 99% por mulleres

  • A guía desenvolveuse a partir dun estudo médico epidemiolóxico realizado a 112 redeiras das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra

  • Difundiranse máis de 100 exemplares que a Federación Galega de Redeiras distribuirá entre as asociacións federadas

    A responsable de Emprego fixo fincapé en que a prevención de riscos laborais ten que ser “unha actuación de todos” e lembrou que a Xunta está impulsando este eido a través da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020.

+ info