Asociación de Redeiras Maruxia de Cambados

INFORMACIÓN

direccion

Cofradía Pesc. San Antonio
Rúa Nova s/n. 36060 Cambados (Pontevedra)

telefono
Tlf. 660 976 091


cofradia@cofradiacambados.org

 

~ Número de socias: 5~

ARTES E APARELLOS QUE TRABALLA A ASOCIACIÓN

Cerco

Artes Menores (Nasas, Arrastre de Baixura, Enmalles...)

~OUTRAS ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN~

>> Produtos de Artesanía da Asociación: Clic AQUÍ

>> Obradoiros divulgativos para escolares

Obxectivo: Dar a coñecer entre a poboación escolar como se leva a cabo o traballo das redeiras así como as diferentes artes e aparellos que se utilizan na pesca e a súa vinculación co seu traballo.

> Visitas para turistas e público en xeral

Obxectivo: Dar a coñecer ao público o traballo, oficio, cultura e tradición das redeiras.

A visita comezará explicando o oficio de confección e conservación de artes e aparellos realizado polas redeiras, as ferramentas e útiles que empregan e a importancia que ten a súa actividade para a xente do mar. Nos locais de traballo poderanse ver fotografías e outro material gráfico, obxectos reais na exposición que a asociación ten na súa nave (ferramentas, utensilios) utilizados polas redeiras.

Galería de Imaxes Asociación de Redeiras Maruxia de Cambados


Buscar

Traductor GOOGLE

REDEIRAS DE GALICIA E A CONSELLERÍA DO MAR COLABORAN PARA AMOSAR A PROFESIÓN DE REDEIRA A TRAVÉS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Redeiras nas redes divulgará nas redes sociais a través de catro vídeos titoriais as técnicas elementais de enmalle de artes menores, cerco, arrastre e palangre (Malpica de Bergantiños, 31 de xullo de 2018)