Campaña “Contra as Redes d@s Ilegais”

   AS REDEIRAS GALEGAS DENUNCIAN O TRABALLO ILEGAL

O traballo dos ilegais pon en perigo a continuidade deste oficio vital para o funcionamento do sector pesqueiro artesanal

As representantes da Federación Galega de Redeiras Artesás de Galicia, entidade que agrupa a 12 asociacións de toda Galicia e á maioria das redeiras profesionais que exercen a súa actividade legalmente, denuncia que de continuar coa situación actual, o oficio de redeira está condenado a desaparecer nun breve espazo de tempo.

Desde a súa constitución no ano 2.004 vense denunciando públicamente a prestación de traballo por persoas sen asegurar, xubilados, familiares, na súa maioría mulleres, por prezos ínfimos, o que deixa as redeiras legais sen traballo ou que as obriga a malvendelo, sen que até o momento desde os organismos oficiais competentes se teña actuado decididamente.

Denuncian asimesmo que existen auténticas redes de traballo ilegal, fomentadas por empresas de efectos navais sen escrúpulos e por intermediarios da zona que reparten e recollen as redes. Isto dase en comarcas e pobos enteiros do noso litoral, constituíndo unha práctica coñecida e permitida. A situación de crise económica que estamos a padecer agravou aínda máis este problema.

Por este motivo a Federación Galega de Redeiras comeza unha campaña de información e denuncia para concienciar a sociedade en xeral e a administración pública en particular, da necesidade de loitar contras estas redes de traballo ilegal, ao tempo que solicita a colaboración do sector pesqueiro para que non adquiran estes aparellos.

 

autobus2

“ATRAPADAS NA REDE” [por Tino Gago]

É ben triste e paradóxico pensar que elas -que con sabencia e mestría de anos tecen e desenlean, cosen e reparan, fabrican de xeito artesanal as redes que empregan os nosos mariñeiros, como xa facían as súas nais e avoas- se vexan a si mesmas atrapadas na rede.

É ben triste e paradóxico pensar que neste sector pesqueiro galego, que quere ser moderno e profesional, que comeza a dar pasos firmes pola sustentabilidade e identificación dos seus produtos e recursos, se manteña, se consinta e se permita aínda a existencia de redes de traballo ilegais, estructuras clientelares e caciquís que condenan á miseria e a penuria laboral ás redeiras profesionais galegas, que camiñan de xeito lento pero inexorable cara a súa desaparición como oficio.

Desde a Federación Galega de Redeiras “O PEIRAO”, entidade que agrupa á maioría destas profesionais galegas, vense denunciando xa desde a súa constitución aló polo 2.004 esta situación, sen que ninguén teña dado pasos serios e decididos para facer fronte a este problema.

Xubilados, mulleres sen asegurar, familiares e amigos, traballan a moreas para intermediarios de intermediarios de efectos navais. En moitas comarcas e pobos do noso litoral traballando por catro cadelas, tirando os prezos dun traballo especializado que condena as redeiras galegas profesionais a salarios de miseria que non chegan nin de lonxe ao salario mínimo interprofesional.

¿Quen controla esas redes das/os ilegais?, ¿Quen compra esas redes? ¿Quen as vende? ¿Que se pesca con esas redes?. As respostas son de sobra coñecidas no sector pero o silencio é comprice.As redeiras galegas profesionais teñen cumprido sobradamente as expectativas postas nelas. Téñense agrupado en asociacións e logo nunha Federación a nivel galego. Teñen participado en encontros, proxectos europeos, formación de xestión e profesional, para a igualdade, habilidades sociais e autoestima. Teñen constituido unha cooperativa para comercializar o seu produto directamente. Teñen feito todo o que estaba nas súas mans. Só esperan que outros fagan todo o que está nas súas para evitar a lacra do intrusismo e do traballo ilegal.

Algúns pensarán que só son as mulleres que están ao final da cadea. Pero eu vos digo que son moito máis. Son -como as mariscadoras, as peixeiras, as traballadoras das conserveiras,..- a historia viva do noso sector pesqueiro. Sen estas mulleres non existiría a pesca artesanal en Galicia tal e como a coñecemos. Xa é hora de que alguén lles bote unha man. Merécenna.

Tino Gago
[Foi técnico da Federación Galega de Redeiras Artesás “O PEIRAO”] Descargar pdf

 


Buscar

Traductor GOOGLE

REDERAS ASTURIANAS, CÁNTABRAS Y VASCAS APOYAN A LAS GALLEGAS PARA SOLICITAR EL COEFICIENTE REDUCTOR

Estas asociaciones destacan que ésta es una reivindicación histórica de este sector profesional.

Malpica de Bergantiños, 11 de abril de 2019.- La Asociación Profesional de Rederas de Bajura (AREBA) de Asturias, la Asociación de Rederas de Bajura de Cantabria (AREBACA) y la Asociación de Rederas de Euskadi han mostrado todo su apoyo y confianza en la Federación Gallega de Redeiras Artesás O Peirao que presentó el pasado mes de julio la solicitud de inicio del procedimiento para el reconocimiento de los coeficientes reductores para este colectivo.

En España están dadas de alta en el régimen de la Seguridad Social un total de 656 profesionales (566 rederas y 90 rederos), de los cuales prácticamente el 100% se encuentran localizados en las Comunidades del Norte Peninsular.

“Nuestro papel es fundamental para el sector de la pesca”, recuerda Verónica Veres Tasende, presidenta de la Federación Gallega de Rederas Artesanas y “el coeficiente reductor es una reivindicación histórica de nuestro sector, ya que nuestras compañeras vascas, cántabras y asturianas también la han solicitado en años anteriores”.

Verónica Veres destaca que “no es de recibo que se nos niegue una representatividad que siempre se nos ha reconocido a asociaciones y federación y, aunque esto fuese así -que no lo es-, existen mecanismos dentro de la propia Administración como es el inicio de oficio que se pueden activar si hay voluntad y compromiso con esta profesión”.

La presidenta del Peirao destaca que “el trato recibido por parte de la Dirección General de la Seguridad Social nos ha hundido, ya que desprestigia nuestra profesión y minusvalora los esfuerzos que hacen todas estas trabajadoras por dignificar su actividad”.

Verónica Veres destacó las muestras de apoyo recibidas estos días por responsables y representantes del sector de la pesca y de la sociedad en general que “reconocen nuestros esfuerzos y el trabajo que día a día realizamos en las naves y en los puertos”.

Para más información, llamar a:

 Descargar Nota de Prensa