Obxectivos e Logros

redeirasobxetivos

  • Regular a nivel nacional a profesión de confección e mantemento de redes e aparellos de pesca.
  • Colaboración entre distintas Asociacións.
  • Loitar contra o intrusismo laboral.
  • Visibilizar o traballo das redeiras galegas a nivel nacional.
  • Mellorar as condicións económicas e laborais das redeiras galegas.
  • Garantir o relevo xeracional.
  • Buscar novas alternativas de emprego para as redeiras galegas.
  • Mellorar as infraestruturas portuarias que utilizan as redeiras galegas.
  • Fomentar a prevención de riscos laborais derivados do seu traballo.
  • Lograr o recoñecemento das continxencias profesionais derivadas do traballo de redeiras.
  • Eliminar a fenda salarial existente entre os distintos subsectores adicados á confección e conservación de redes e aparellos de pesca.


redeirastitulos

  • Compromiso do Congreso do Diputados e do Parlamento de Galicia para mellorar as condicións socio-laborais das redeiras.
  • Compromiso das administracións competentes para a posta en marcha dun programa específico de inspección laboral para as redeiras galegas.
  • Denuncia da situación laboral das redeiras ante o Parlamento Europeo.
  • Mellora da capacitación profesional sectorial e empresarial das redeiras galegas.
  • Creación dunha cooperativa de redeiras.
  • Promoción do asociacionismo entre o colectivo de redeiras. incluiso de outras comunidades autonomas (Pais Vasco, Asturias).
  • Formación para complementar e mellorar as nosas posibilidades de traballo e ser máis competentes .
  • Organización e participación en diversos congresos.
  • Participación en feiras e eventos relacionados co sector.
  • Implantación a nivel nacional dun certificado de profesionalidade “Confección e Montaxe de Artes e Aparellos”, que recoñece a profesión de redeira para que as novas xeración poidan aprender o oficio e teñan un título, como en calquera outra profesión.
  • Obteción dun documento oficial, as Acreditación Profesionais, para que as persoas que temos experiencia, sexa recoñecida a nosa capacidade e coñecementos para exercer a profesión.
  • Colaboración co ISSGA (Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral), para mellorar as condicións de traballo das redeiras e previr enfermidades derivados do traballo.
  • Poder diversificar a nosa actividade, para complementar os nosos ingresos e períodos de inactividade.

Traductor de Google

email
Share on Facebook0Email this to someonePrint this page

No se han encontrado comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

 

“A Xunta presenta en Malpica unha guía de boas prácticas en prevención de riscos laborais específica para as redeiras”

Descargar GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS

  • A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, puxo hoxe en valor a publicación elaborada polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) coa que se pretende mellorar a saúde deste sector formado nun 99% por mulleres

  • A guía desenvolveuse a partir dun estudo médico epidemiolóxico realizado a 112 redeiras das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra

  • Difundiranse máis de 100 exemplares que a Federación Galega de Redeiras distribuirá entre as asociacións federadas

    A responsable de Emprego fixo fincapé en que a prevención de riscos laborais ten que ser “unha actuación de todos” e lembrou que a Xunta está impulsando este eido a través da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020.

+ info