Historia

A creación da Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao” tivo lugar en novembro de 2004, pero ata chegar á súa constitución fóronse dando unha serie de pequenos pasos.

Primeiramente, a finais do ano 2002, desde a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos empezaron a establecerse contactos coas redeiras das diferentes localidades costeiras galegas.

A resposta do colectivo é tan positiva que solicítase a celebración do II Encontro de Redeiras, que ten lugar en Santiago de Compostela. Era tal o pulo que se levaba que facíase moi necesario e interesante unha nova oportunidade de xuntarse. Nesta xornada, celebrada o 30 de outubro de 2003, analízanse a consecución dos obxectivos formulados no anterior encontro. Todas as profesionais alí reunidas intercambianse experiencias e planifican xuntas a forma de logralos.

Como froito dos continuos contactos, reunións e viaxes conxuntos das diferentes asociacións, nos que se constatou que os intereses eran comúns, comezouse a contemplar a posibilidade de crear unha Federación con todas as asociacións existentes en Galicia.

No III Encontro foi a creación da FEDERACIÓN GALEGA DE REDEIRAS ARTESÁS, que quedou constituída o día 30 de setembro de 2004. Ó día seguinte, realízanse as eleccións para a constitución do Consello Rector, formado finalmente por cinco mulleres redeiras de diferentes portos galegos. A partir de entón comeza unha nova etapa no colectivo de redeiras galegas, porque estas cinco mulleres e todas ás que representan loitarán xuntas coa finalidade de: dignificar a súa profesión e sacar ás profesionais redeiras da situación de case invisibilidade na que atopábanse ata o de agora.

Dende o 2004 ata hoxe, foron pasando distintas directivas que loitaron por esta finalidade e conseguir que as redeiras fosen visibles e escoitadas.

A día de hoxe a federación conta con 7 asociacións, ao longo dos anos houbo momento de subidas e outros baixadas, como sigue acontecendo. 

  • Asociación de Redeiras de Cariño: 17 sociasMA copiar
  • Asociación de Redeiras de Cedeira : 13 socias
  • Asociación de Redeiras “O Fieital” de Malpica : 23 socias
  • Asociación de Redeiras Illa da Estrela de Corme: 21 socias
  • Asociación de Redeiras “Maruxía” de Cambados: 5 socias
  • Asociación de Redeiras de Cangas “O Cerco”: 21 socias
  • Asociación de Redeiras do Baixo Miño “Atalaia”:10 socias

 

 

 


Buscar

Traductor GOOGLE

REDEIRAS DE GALICIA E A CONSELLERÍA DO MAR COLABORAN PARA AMOSAR A PROFESIÓN DE REDEIRA A TRAVÉS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Redeiras nas redes divulgará nas redes sociais a través de catro vídeos titoriais as técnicas elementais de enmalle de artes menores, cerco, arrastre e palangre (Malpica de Bergantiños, 31 de xullo de 2018)